
A adxudicación das comunicacións de voz e datos móbiles a Vodafone representará, segundo o Concello, un aforro dun 41% sobre os gastos que tiñan co seu provedor actual. Como lembraremos, Barcelona atópase entre as cidades incluídas no despregamento de telefonía de cuarta xeración, 4G, iniciado pola dita operadora, un servizo que achega velocidades de acceso a Internet de ata 150 megabites por segundo a través do móbil. De feito, Barcelona ten arestora habilitado o 75% das estacións base que fornecerán 4G, proceso que se agarda que chegue ao 100% no mes de setembro.
Por certo que a devandita adxudicación súmase a de outubro de 2012 cando a Generalitat de Catalunya encomendou Vodafone os servizos de comunicacións móbiles dentro do proceso de licitación dos seus servizos TIC.
Vodafone subministrará servizos de comunicación móbil a Barcelona
Compartir Este Artigo
