Vodafone estrea esta semana o seu 4G en España
luns, 27 de maio do 2013
Tras
os anuncios dos plans
de Yoigo e Orange
para achegar as súas redes 4G (nas bandas de 1.800 e 2.600 MHz) a algunhas cidades españolas, Vodafone quere
adiantarse a estas compañÃa e anuncia que este mesmo mércores estreará os seus
servizos LTE en Barcelona, Bilbao, Madrid, Málaga, Palma de Mallorca, Sevilla e
Valencia, permitindo
o seu pre-rexistro vÃa web e buscando ofrecer a cobertura 4G ao 55% da
poboación das cidades incluÃdas no lanzamento e mellorándose tal cobertura ata
o 85% dos exteriores e o 60% dos interiores dos edificios a finais do verán.
Esta tecnoloxÃa permitirá descargas de ata 150 Mbps de descarga e 50 Mbps en
subida, aÃnda que a súa principal caracterÃstica é a súa reducida latencia, que
fai que este tipo de acceso á Rede poida competir en experiencia de uso con
redes fixas (permitindo incluso xogar en liña).
Vodafone está a reforzar a súa rede de datos, de xeito que as cidades indicadas
terán conexións 4G de ata 150 Mbps, as 32 cidades máis grandes de España
gozarán de conexións 3G de ata 43,2 Mbps, as cidades entre 200.000 e 25.000
habitantes chegarán a velocidades de ata 21,6 Mbps e o resto do territorio
contará con velocidades de banda larga móbil de ata 14,4 Mbps.
O servizo Vodafone 4G estará incluÃdo no prezo dos plans Vodafone RED3,
Vodafone RED3 Pro e Vodafone RED4 Pro, asà como na tarifa de Internet Móbil de
10 Gb, mentres que o resto de usuarios que teña unha conexión de banda larga
móbil que queira gozar do LTE deberá aboar 9 euros + IVE adicionais ao mes
(aÃnda que de xeito promocional o servizo non terá sobrecusto ata o 30 de
setembro).
Actualmente Vodafone conta cun amplo abano de móbiles e dispositivos
compatibles coa tecnoloxÃa 4G, e no caso dos móbiles con iOS anuncia que en
breve o iPhone 5 e o últimos iPad con conectividade móbil contarán cunha
actualización que facilitará a súa conexións á rede 4G de Vodafone España.
VÃdeo no que se anuncia o lanzamento do 4G de Vodafone en España
