Estes días numerosos smartphones de Nokia con Windows Phone 8 están a recibir a actualización do seu sistema operativo (coñecida como GDR2 ou Amber) dependendo de factores como o país no que estea, o seu operador móbil ou o modelo do seu dispositivo, e aparte das novidades anunciadas para esta actualización están a chegar algunhas sorpresas como unha actualización da aplicación Extras e Información, que agora permite activar unha opción moi interesante que activa a posibilidade de facer listaxes negras de números de teléfono dos que non se recibirán nin chamadas nin mensaxes de texto.
Activada a función de bloqueo de chamadas e SMS será posible traballar coa listaxe negra de número dun xeito semellante a como se fai coa axenda do móbil, ou sexa, que cando vemos un número de teléfono no noso historial de chamadas podemos premer sobre el para eliminalo do historial ou bloquealo.
Para saber cando unha chamada ou mensaxe é bloqueada podemos facer que ao ser interceptada se active unha notificación no móbil ou, simplemente, se actualice unha baldosa no menú do noso dispositivo na que se leve conta dos bloqueos.
Os Nokia Lumia con Windows Phone 8 poderán bloquear chamadas e SMS
Compartir Este Artigo
