
Dende agora, cando un usuario de Waze informe dun accidente de tráfico, dunha obra ou do peche dunha estrada, tal información figurará na aplicación de Google Maps para Android e iOS de estarmos en Arxentina, Brasil, Chile, Colombia, Ecuador, Francia, Alemaña, México, Panamá, Perú, Suíza, Reino Unido ou EE.UU., esperando que pronto chegue ao resto do mundo.
Pero a comunidade de Waze tamén está a verse beneficiada da compra da compañía por parte de Google, e a súa aplicación para iOS e Android está a incorporar a posibilidade de realizar buscas en Google (facendo máis doado atopar locais) e tamén están a integrar as imaxes de satélite e de Street View ao editor de mapas de Waze, facendo así máis doada a corrección de erros en mapas reportados pola comunidade.
Google Maps comeza a integrar datos de Waze
Compartir Este Artigo
