IDC publicou o seu informe sobre o mercado da telefonía móbil para o segundo trimestre do ano, amosando uns datos moi sorprendentes en América latina, rexión na que Windows Phone medrou de xeito substancial ata converterse na segunda preferida polos usuarios. Concretamente o informe destaca que este segundo posto de Windows Phone en México conseguiuse por segundo trimestre consecutivo, conseguindo tamén chegar a tal posición en Perú e Colombia, subliñándose este segundo caso por conseguirse unha forte cota de mercado do 25,6%. Noutros países como Arxentina, Chile e Brasil o sistema operativo móbil de Microsoft conseguiu medrar ata chegar a un terceiro posto.
A división de Windows Phone para América latina tíñase mercado como obxectivo converterse na segunda plataforma móbil máis usada ao remate de 2013, conseguíndose con varios meses de antelación, polo que amosan satisfacción ante a boa resposta comercial que tiveron especialmente os móbiles de Nokia, que destacan por achegar unha experiencia de uso moi boa incluso no seu terminal de entrada, o Nokia Lumia 520, que vai camiño de converterse nun dos smartphones mellor considerados do mercado pola súa relación calidade/prezo.
Aínda que a nivel global Windows Phone 8 estea nun sólido terceiro posto, superando a BlackBerry, a distancia con respecto de iOS e Android continúa a ser moi grande, polo que os datos de IDC temos que velos como algo moi puntual en mercados cunhas características moi concretas.
Windows Phone convértese na segunda plataforma móbil preferida en México, Perú e Colombia
Compartir Este Artigo
