
Para o galego Rubén Ferreiro, director executivo de Elogia, “esta homologación corrobora ata niveis de organismo público a especialización da empresa en marketing e comercio electrónico; para nós é un orgullo e unha gran responsabilidade ser unha das poucas axencias que acadou a devandita distinción nunha contorna na que a gran maioría son asociacións de empresas ou unións temporais de compañías, creadas para lograr a homologación de Red.es”, subliña. Segundo engade, as PEME interesadas en participar neste fomento do comercio electrónico deben entregar a súa solicitude antes de 7 de outubro de 2013 a través da web Red.es. O único requisito é que teñan web xa publicada e vendan ou teñan previsto vender a través de Internet, ademais de ter a sede social en España, pero en calquera comunidade que non sexa Madrid, Catalunya, Euskadi ou Balears. O programa de mentoring de Red.es divídese en dúas fases: unha de diagnóstico e asesoramento e outra de implantación das melloras identificadas na consultoría.
Elogia, homologada por Red.es para impulsar o ecommerce entre as PEME
Compartir Este Artigo
