O galego Rubén Bastón, elixido director de Medios Sociais de Elogia
venres, 4 de febreiro do 2011
A empresa Elogia España, unha das máis
importantes do mercado estatal en materia de promoción e publicidade en liña, vén
de nomear ao galego Rubén Bastón (Bueu, 1982) novo director de Medios Sociais.
Dáse a casualidade de Bastón, con este cargo nunha firma de forte presenza
galega (o director xeral desta división española é Rubén López
e, ademais, GaliciaBanner é o
alicerce do departamento Elogia Media),
convértese no directivo máis novo da historia da compañía, “con dereito a voto no comité de dirección da
axencia e reporte directo ao devandito director xeral”, informa a
asociación Ineo
na súa web, da que por certo forma parte Elogia.
E prosegue: “Desde a oficina de Elogia en Vigo, Rubén Bastón coordina un equipo de
dezaseis persoas en Vigo, Barcelona, Milán, México DF, Lisboa, Rio de Janeiro e
Bos Aires, amais de desenvolver campañas para marcas como Privalia, Groupalia,
Pizza Móbil ou Junkers”.
Bastón asume o novo cargo como un reto: "Esta decisión consolida a tendencia ao medre
dos medios sociais de Internet non só como lugares para o lecer senón como
oportunidades estratéxicas para as empresas para facer negocios",
manifesta.
