Aínda que o proxecto de micromecenado para fabricar o smartphone Ubuntu Edge fracasase, a iniciativa para conseguir que o sistema operativo móbil Ubuntu poida introducirse en teléfonos móbiles prospera a bo ritmo, e confirman que en menos dun mes verá a luz Ubuntu Touch, de xeito que os posuidores dun Galaxy Nexus, un Nexus 4, o vello Nexus 7 ou o Nexus 10 poderán gozar deste novo desenvolvemento.
Teremos así un sistema operativo que inicialmente funciona en dispositivos móbiles compatibles con Android, comezando pola familia Nexus, e esperando a que algún fabricante se anime a ofrecer algún dos seus smartphones equipado con esta interesante solución de Canonical que busca combinar nun único trebello un sistema operativo móbil e un de sobremesa, de xeito que podería empregarse como un ordenador cando o conectemos a un monitor, un teclado e un rato.
Ubuntu Touch verá a luz o 17 de outubro
Compartir Este Artigo

