Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á celebración da Noita da Enxeñaría en Informática de Galicia organizada polo CPEIG, para o que falamos co presidente do CPEIG, Fernando Suárez, e co xefe do Servizo de Novas Tecnoloxías da Deputación de Pontevedra, Amancio Varela.
Tamén destacamos outros temas como: – A LAN party luguesa InterGalNet comeza a facer ruído – AGASOL presenta unha guía TIC para autónomos – AMTEGA achega un completo informe sobre o estado de saúde das novas empresas TIC – INEO participa no Proecto Carisma para apuntalar as Cidades Dixitais – A multinacional Accenture aposta pola tecnoloxía galega eHabilis – Entrevistamos ao director de Vodafone Galicia, Miguel Fernández – Un setembro de grandes cambios para Apple – Gradiant informa das súas últimas novidades en transferencia tecnolóxica – O CPETIG axúdanos a axudar aos nenos nas súas navegacións
Novo número da nosa edición impresa
Compartir Este Artigo

