
“Deste xeito”, engade a operadora, “milleiros de fogares e negocios estanse a beneficiar dos descontos por contratar tanto o fixo como o móbil con R”, que aproveitou a presentación dos devanditos datos para dar a coñecer melloras nas súas tarifas máis solicitadas, a introducir os vindeiros días de xeito automático e gratuíto para tódolos os clientes que teñan contratado o servizo. Deste xeito, a tarifa 0, que permite chamar a 0 cent/min e que conta con 500 MB, subirá o seu plan de datos a 1 GB, sen aumentar de prezo. A tarifa plana 15, que ofrece 250 minutos, 1GB de datos e 100 SMS, aumentará a 300 minutos e 150 SMS e, por último, a plana 20, con 600 minutos, 1,5 GB de datos e 300 SMS subirá a 1.000 minutos sen ningunha limitación de destinos.
R tamén quixo subliñar o recente recoñecemento recibido polos seus servizos de atención ao cliente, recoñecemento do que dimos conta os días pasados en Código Cero. Lembrar que a distinción veu da man da Asociación Española de Expertos na Relación cos Clientes (AEERC) que galardoou o traballo do Centro de Atención ao Cliente de R facéndolle entrega do Premio á Excelencia na Atención CRC de Ouro 2013 na categoría de Telecomunicacións, recoñecemento que o operador galego recibira xa en dúas ocasións anteriores (nos anos 2008 e 2011). Para facerse con esta distinción, a empresa galega R tivo que competir con empresas de toda España, someténdose a exhaustivos estudos de investigación, enquisas e entrevistas por parte da consultora IZO.
Lembrar que o Centro de Atención ao Cliente de R conta con máis de 600 axentes situados en 13 plataformas de comunicación cos usuarios en diferentes puntos de Galicia e xestiona mensualmente arredor de 300.000 chamadas. Emporiso, un dos factores máis valorados polos destinatarios dos servizos de R é o trato próximo dos axentes que os atenden, “xa que eses profesionais sempre se atopan moi preto deles, sempre dentro da súa comunidade, podendo expresarse o cliente na súa lingua, o galego”, informou a compañía galega con motivo da devandita distinción e valorando os motivos para tela recibido.
R deixa atrás a cifra de 300.000 liñas de móbil
Compartir Este Artigo
