Vendas trimestrais (en millóns) de móbiles Lumia nunha infografía de The VergeMañá Abu Dhabi servirá de escenario para unha nova Nokia World, na que a compañía finlandesa presentará 6 novos produtos, entre os que coméntase que poderían estar tanto un tabletófono como un tablet, resultando un pouco curioso que a compañía que está a ser absorbida por Microsoft decidise programar este evento ao mesmo tempo que a presentación de Apple na que previsiblemente se presentarán os novos iPad. A presentación producirase nun momento no que podemos entender que a gama de móbiles con Windows Phone de Nokia está a vivir o seu mellor momento da historia, rexistrando no terceiro trimestre do ano máis de 8 millóns de dispositivos vendidos, o que estaría preto de triplicar os resultados do mesmo período do ano pasado e, aínda que estarían lonxe dos volumes de smartphones que venden Apple e Samsung, están a conseguir que Windows Phone sexa unha plataforma a ter en conta, que incluso consegue superar a Apple nalgúns mercados puntuais. Espérase que Nokia presente mañá 6 novos dispositivosÉ de esperar que mañá teñamos datos concretos sobre os resultados de Nokia, pero polo que se está a comentar só podemos entender que estamos ante unha confirmación da tendencia alcista das vendas, o que é unha moi boa nova para a compañía, nun contorno no que os fabricantes como HTC ou LG están a ver como a súa situación no mercado é bastante precaria, en boa medida pola fortaleza de Samsung.