A empresa compostelá SetPay, creadora dunha solución que facilita a realización de cobros con tarxeta dende dispositivos móbiles que valeulles o pasado verán o recoñecemento do CPEIG como mellor Iniciativa Empresarial, está a ampliar aos súas miras de cara á internacionalización en Europa e América latina, para o que vén de pechar un acordo estratéxico coa estadounidense Charge Anywhere, compañía con máis de 10 anos de experiencia no desenvolvemento de tecnoloxía de pagamentos, sistemas de business intelligence e loyalty de última xeración e que dispón dunha ampla rede de colaboradores e clientes en todo o mundo.

SetPay, que está a iniciar contactos para unha nova rolda de financiamento co obxectivo de consolidar a súa internacionalización, conseguiu ata o momento 200.000 euros de capital risco achegado por business angels como Jordi Priu, co fundador do fondo de investimento 101 Startups.
Este proxecto galego non só se fixo co devandito recoñecemento do CPEIG, senón que tamén resultou finalista na categoría de Mellor Aplicación nos premios EGANET, na categoría Emprendes do Certame Emprendedor XXI de La Caixa e na categoría Nova Banca dos BBVA Open Talent España-Latinoamérica.
Lembremos que actualmente o sistema de TPV móbil de SetPay destaca por funciona en combinación cun smartphone ou tablet con iOS ou Android, sen coste asociado en concepto de alta, cota mensual ou penalización por pouco uso, limitándose a unha pequena comisión por operación, o que é un grande atractivo fronte a outras plataformas de pagamento.
A galega SetPay avanza na súa internacionalización
Compartir Este Artigo

