Actualmente a aplicación ConnectA2 permite un acceso básico a WhatsApp dende Firefox OSNon hai dúbidas en que o principal atranco que ten actualmente a plataforma móbil Firefox OS é a falta dunha aplicación imprescindible para moitos usuarios, WhatsApp, problema para o que actualmente existen solucións non oficiais (como a aplicación de mensaxería instantánea ConnectA2 que pode comunicarse coa rede de WhatsApp, aínda que actualmente está nunha fase alpha, polo que presenta moitísimas limitacións) que segundo Telefónica non serán precisas en breve, pois aseguran que antes de rematar o ano existirá unha versión oficial de WhatsApp para esta plataforma que están a promover especialmente de cara á súa comercialización en mercados emerxentes. É de esperar que unha vez que WhatsApp estea dispoñible para Firefox OS comecemos a ver algúns dos seus terminais no noso mercado, pois estamos ante dispositivos bastante económicos que poden resultar interesantes como dispositivos de entrada en mercados como o noso (aínda que actualmente o teñen moi complicado, por existir solucións baseadas en Android a prezos moi competitivos).