
E engaden: “AS Computer ofrecerá este Nadal a gama completa de ordenadores Mac, iPad, Phone e iPod, xunto cunha ampla escolma de accesorios, amais dos novos modelos de iPhone (libres) que están que están xa dispoñibles para a venda, toda unha novidade e que coincide co noso aniversario en Ourense”.
Por certo que a festa de aniversario como tal celébrase este luns ás 17 horas, con sorteos especiais de accesorios para iPhone, iPad e Mac para tódolos clientes que se achegan ao establecemento entre a devandita hora e as 20.00 horas. Amais, infórmase que os clientes da cadea galega de tendas Apple poderán mercar computadores Mac cun dez por cento de desconto especial, entre hoxe e o día 20 de novembro. “Estamos encantados de consolidar unha nova tenda Apple Premium Reseller aínda máis grande e mellor deseñada”, coméntanos Ángel Saborido, xerente da empresa galega, que salienta desde hai anos por ofrecer tecnoloxía Apple xunto con servizos de asesoramento de calidade, tanto para clientes domésticos como para profesionais, amais de sesións de demostración e cursos formativos nas propias tendas, destinados a axudar “aos usuarios a tirar o máximo partido das súas compras”.
A tenda AS Computer de Ourense celebra este luns, con sorteos de produtos, o seu primeiro aniversario
Compartir Este Artigo
