
Ao parecer non estariamos ante un pequeno experimento de Google, pero estaría lonxe de captar a atención de proxectos como Amazon Prime Air, pois actualmente está a traballarse en tecnoloxía orientada a procesos industriais, como o ensamblaxe de electrónica (que aínda conta con moitos procesos manuais actualmente).
Rubin asegura que non están nun proxecto a curto prazo, senón que, como un despegue espacial, “precisamos de suficiente pista e dunha visión a 10 anos”. Asegura que tras deixar o liderado de Android tratou de convencer aos fundadores de Google de que era o momento de apostar pola robótica como un rango de tecnoloxías que en poucos anos podería madurar ata o punto de poder comercializarse para novos tipos de sistemas automáticos, e finalmente confiaron na visión de Andy Rubin, quen asegura que este proxecto é semellante ao do coche autónomo de Google, que cando botou a andar en 2009 parecía “ciencia ficción” e agora está a piques de converterse nunha realidade.
As pequenas start-ups do ámbito da robótica adquiridas por Google poderían ser capaces de crear as tecnoloxías precisas para construír un robot e outras tecnoloxías para as que xa existe unha demanda real, con claras oportunidades de negocio.
Google está a traballar no eido da robótica
Compartir Este Artigo

