
Será o experto en marketing dixital e redes sociais -Juan Merodio- o encargado de comezar a sesión cunha conferencia sobre os novos perfís profesionais xurdidos ao abeiro da nova economía dixital.
Logo desta conferencia inaugural, 9 mozos e mozas galegos contarán a súa experiencia profesional en tres ámbitos do eido tecnolóxico. Na área do marketing e a comunicación dixital participarán José Alcañiz (xerente da Central de Reservas de Hoteles Buscadestinos.com), Óscar Reboiras (xornalista e xestor de redes sociais do operador R) e o blogueiro da Voz de Galicia David Serantes (responsable do blog Serantes &Cía). No eido da programación de videoxogos e aplicacións para teléfonos móbiles, exporán as súas experiencias profesionais Sergio Prieto (fundador de Gato Salvaje Estudio), Xurxo Méndez (CEO en SmartGalApps) e Alberto Ruibal (fundador da empresa Mobialia).
A xornada rematará coa visión de tres profesionais galegos do deseño virtual, arte e creatividade: Daniel de Castro (director de arte en DeCastro-Designers); Pablo López (xerente de Hacce Soluciones TIC) e Alexandre Santorio (socio de Duplo Estudio).
As comunicacións do curso poderanse seguir no Twitter no hashtag: #empregoDIX
Para máis información cómpre visitar o programa.
O Día Internacional do Voluntariado -este xoves- incluirá unha xornada de apoio na procura de emprego TIC
Compartir Este Artigo

