A Asociación Monte Pindo Parque Natural, dirixida a defender a conservación deste importante espazo granítico situado no concello de Carnota, reivindicando para comezar a devandita catalogación medio ambiental a efectos de conservación, vén de abrir tenda liña. Podémola ver en tenda.montepindo.org, unha canle de distribución de todo tipo de material relacionado co denominado Olimpo Celta, que, como lembraremos, ardeu este pasado verán en practicamente toda a súa totalidade.
A idea da asociación é dar un pulo aos pedidos de material do colectivo, que ata o dea agora só se podían recoller persoalmente no Pindo ou nas actividades da entidade. Material como por exemplo gorras, camisetas, obras literarias (como a escolma poética Versos no Olimpo), pezas de coleccionismo (reproducións de pezas antigas atopadas no Monte Pindo) ou mesmo árbores (carballos e castiñeiros) para seren plantados por onde pasou o lume.
Segundo explica a entidade social carnotá, “aspírase con esta tenda en liña a incrementar a visibilidade das problemáticas do Olimpo Celta e tamén o propio calvario que está a atravesar a nosa entidade por mor da brutal persecución política que se ve sometida pola actual Xunta de Galicia e dos seus apéndices”. Asemade, búscase recadar fondos que permitan continuar a actividade “sen depender de subsidios e subvencións de ningunha administración ou empresas que puideran coartar a nosa liberdade de dicir o que temos que dicir”.
O Monte Pindo xa ten tenda en liña
Compartir Este Artigo
