A plataforma de Snapchat non parece estar a vivir os seus mellores momentos, e tras a filtración de 4,6 millóns de nomes de usuario e números de teléfono de usuarios do servizo por mor dun fallo de seguridade non recoñecido pola compañía (ata que finalmente o corrixiu) nos últimos días milleiros de usuarios comezaron a recibir unha importante cantidade de spam a través de Snapchat (con anuncios sobre métodos para perder peso ou solucións para o alargamento do pene, na liña do que pode verse no correo lixo tradicional), o que levou hoxe aos responsables do servizo a asegurar que están a tomar medidas para evitar frear este problema, incidindo en que non ten nada que ver co anterior e afirmando que “é consecuencia do rápido crecemento do servizo”.
Para evitar recibir snaps non solicitados dende Snapchat recomendan mudar a configuración da aplicación para recibir mensaxes só de amigos.
Snapchat enfróntase a problemas co spam
Compartir Este Artigo

