
Todo isto, engade a Tecnópole, “supón a activación de dúas convocatorias deste programa en tan só catro meses, o que en total se traducirá en 40 millóns de euros en mobilización de investimentos para proxectos de innovación das nosas PEME”. O obxectivo do programa é incrementar a capacidade científico-técnica do tecido empresarial galego e fomentar a colaboración público-privada a través do cofinanciamento de proxectos innovadores. A primeira edición, engade a Tecnópole, beneficiou a máis dun centenar de empresas galegas implicadas en 30 proxectos achegados en consorcios que mobilizan 25 millóns de euros en áreas estratéxicas. O pasado 13 de xaneiro publicouse no Diario Oficial de Galicia a segunda convocatoria (en pdf) dotada con 8 millóns de euros e que mobilizará preto de 15 millóns.
A Tecnópole acollerá unha xornada para informar da nova convocatoria de Conecta PEME
Compartir Este Artigo
