Unha vez máis a Fundación Aula Smart ten entre mans unha serie de agasallos para os docentes que participen nas súas actividades formativas TIC. Máis polo miúdo, poderán obter un computador portátil ou un iPad mini os profesores que se matriculen antes do 20 de febreiro deste ano nun dos cursos en liña da fundación. Estas actividades impártense do 11 de marzo ao 20 de maio de 2014, e poden ser realizadas “nos horarios que mellor conveñan aos alumnos”. Ao ser en liña, só se precisa un computador con conexión a Internet, sinalan dende Aula Smart.
Como dixemos, haberá bonificación por participar nas accións docentes. Máis polo miúdo, a entidade doará aos profesores un computador portátil das marcas Lenovo, Acer, Packard Bell e HP ou un iPad mini de Apple, “co obxectivo de axudar ao sector educativo a implantar as novas tecnoloxías nas aulas, fin para o que se constituíu en 2004 a Fundación Aula Smart”, engade a entidade. No intre de realizar a matrícula, o profesor enche un formulario elixindo entre un portátil ou un iPad mini. Entre os cursos a realizar, hainos de adestramento educativo (desenvolvemento de habilidades e competencias emocionais no alumnado), de intelixencias múltiples, de estilos e técnicas de ensino 2.0, sobre Google e as súas posibilidades en contextos educativos, sobre estratexias de docencia con encerados dixitais, sobre deseño web para a aula ou sobre aprendizaxe colaborativa e novas tecnoloxías, entre outras moitas actividades.
A Fundación Aula Smart anuncia novos agasallos para os profesores que participen nos seus cursos en liña
Compartir Este Artigo
