Este xoves ás 21 horas retransmitirase en directo -por primeira vez- vía streaming o concerto de Agoraphobia (seguidos por Delorean), grupo musical de Boiro gañador do Vodafone yu: Music Talent, e poderase ver a través da web habilitada para a ocasión. Os asistentes ao concerto na compostelá Sala Capitol poderán gozar de rede 4G, engadir que as entradas ao evento son gratuítas para clientes Vodafone, obténdose a través da web as invitacións para logo acceder á sala co seu teléfono móbil.
Esta iniciativa de Vodafone atópase inserida dentro do Programa FIRSTS, a nova plataforma de Brand Engagement lanzada recentemente pola operadora a nivel global.
Amais de formar parte dos recentes concertos de Vodafone yu: Music Shows, Vodafone brindou a Agoraphobia a oportunidade de gravar o seu primeiro disco –Dirty Little Things– e de poder avanzar así na súa carreira profesional. Agoraphobia é así protagonista dunha das primeiras activacións de patrocinio aliñadas con FIRSTS, a nova plataforma de Brand Engagement lanzada por Vodafone a nivel global. A través deste programa, Vodafone quere inspirar ás persoas a realizar cousas extraordinarias por primeira vez, celebrándoas e facilitándoas a través da súa tecnoloxía. A tecnoloxía, que é parte esencial en Vodafone FIRSTS, estará moi presente na acción, xa que como xa dixemos as entradas só poden conseguirse a través de solicitude online, podéndose acceder ao concerto a través do móbil, que será retransmitido por streaming con tecnoloxía de Vodafone, amais de contar na sala Capitol con cobertura 4G durante a actuación.
Vodafone retransmite por primeira vez en directo e vía streaming o concerto de Agoraphobia na Capitol
Compartir Este Artigo
