
Os gañadores do certame, informaron os responsables de Tripadvisor na entrega de premios, determínanse en base ás opinións e comentarios de viaxeiros de todo o mundo. En total, outorgáronse 7.123 premios nesta nova edición. En España, 142 hoteis foron galardoados polos usuarios. Os premiados repártense entre 15 comunidades autónomas, sendo Andalucía, Balears, Canarias e Catalunya as que maior número de galardóns amorearon. A nosa terra tivo, segundo apuntan dende Tripadvisor, un recoñecemento internacional. Os cinco establecementos galegos recoñecidos foron premiados en catro categorías: Mellor Relación Calidade-Prezo (Arce na 11 posición, Costa Vella no posto 16 e Casa Grande do Bachao en 19 lugar), Mellor Pensión e Hostal (A Casa de Lema, o número 19), Mellor Hotel Romántico (Casa Grande do Bachao, no posto 22) e Top 25 Mellores Hoteis de España (Quinta da Auga, obtendo o posto 9).
Os internautas viaxeiros de Tripadvisor sitúan cinco hoteis galegos entre os mellores do Estado
Compartir Este Artigo
