
A apertura do novo establecemento está prevista para antes do verán. A compañía pretende continuar “ofrecendo o mellor servizo aos cidadáns da Coruña” e é por iso que “envorcou todos os seus esforzos en atopar unha rápida solución para seguir achegando as mellores ofertas en electrónica de consumo aos cidadáns da localidade”, informaron fontes da empresa. A nova localización de Media Markt en Marineda City contará cunha superficie total de 2.200m2. Media Markt tamén fixo saber que proseguirá mantendo os seus dous centros na provincia da Coruña (Marineda City e Ferrol), catro en Galicia (xunto cos de Lugo e Vigo) e 72 en todo o territorio español.
Media Markt da Coruña vai para Marineda City
Compartir Este Artigo
