A Fundación Mozilla, pese a ser unha entidade sen ánimo de lucro, precisa cartos para o seu financiamento, que chegan na súa meirande parte de Google, compañía que paga para que o seu buscador veña configurado de xeito predeterminado en Firefox, e agora están a experimentar novas fórmulas de ingresos entre as que estaría os novos Directory Tiles, que sería un redeseño da páxina que se amosa ao abrir unha nova lapela valeira no navegador (que actualmente recolle unha serie de páxinas web abertas con frecuencia anteriormente) e que no futuro estaría ocupada inicialmente por unha serie de páxinas web populares (que poderían mudar segundo a localización do usuario) entre as que colocarían contidos patrocinados de socios selectos (destacándose que se trata de publicidade).
Dende Mozilla esperan que os Directory Tiles sexan non só unha fonte de financiamento, senón tamén unha ferramenta de utilidade para os novos usuarios. Este programa aínda non está completamente desenvolvido, estando actualmente aínda conversándose cos socios de contido sobre esta nova oportunidade.
Mozilla prepara a integración de contidos patrocinados en Firefox
Compartir Este Artigo

