O fabricante de smartphones e tablets ourensán Primux Tech, tras fornecer un completo catálogo de dispositivos en 2013 anuncia que para o presente ano ten previsto incorporar aos seus terminais novas prestacións atendendo ás demandas do mercado, o que supón que non abandonarán as funcionalidades actuais como o soporte de dúas tarxetas SIM á vez, o Bluetooth 4.0 ou o Wi-Fi N.
Entes as aspiracións de Primux está o incorporar ao seu catálogo móbiles con conectividade 4G, integrar as novas pantallas OGS (One Glass Solution), facilitar as actualizacións dos dispositivos mediante OTA (Over The Air), incluír procesadores de 8 núcleos na meirande parte de terminais e incluír NFC, de xeito que estes smartphones de prezo axustado poderán facer gala das últimas tecnoloxías.
Primux Tech anuncia as melloras que incorporará aos seus smartphones en 2014
Compartir Este Artigo

