Inauguración oficial da Factoría da Innovación da CoruñaQue recursos tecnolóxicos e metodoloxías de traballo podemos pór en práctica, nunhas circunstancias coma as actuais, para sermos máis competitivos? Esta e outras preguntas van obter reposta na xornada Vender máis e mellor, o reto de innovador, que organizan o Clúster TIC Galicia e o Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego en colaboración coa Factoría da Innovación da Coruña. Trátase dunha xornada informativa onde tamén darán a coñecer, polo miúdo, os obxectivos e estratexias da dita Factoría, “un novidoso centro de excelencia dedicado ao desenvolvemento do potencial innovador das PEME galegas, contribuíndo a mellorar os seus procesos e favorecendo o afianzamento da I+D en cadanseu seo”. O encontro, previsto para o xoves 6 de marzo no edificio FEUGA de Santiago (Campus Sur), dará comezo ás 16.45 co rexistro de asistentes. Ás 17.15 desenvolverase o relatorio Vender máis e mellor a cargo de David Cano e Mónica Citores, da Oficina Técnica da Factoría da Innovación da Coruña. Máis tarde será a quenda de Julio Sánchez, consultor da Factoría. A xornada rematará cunha rolda de traballo en rede a disposición de participantes e asistentes.