A aplicación de mensaxería instantánea LINE quere levar un paso adiante o seu servizo de voz, de xeito que xa non se limitará a comunicacións entre usuarios da súa ferramenta, senón que tamén poderá servir para establecer chamadas a números de teléfono ordinarios mediante prepagamento ou con plans de 30 días, chegando este novo servizo o mes que vén a Xapón, EE.UU., México, Tailandia, Filipinas e España. Este servizo tería prezos relativamente axustados, que serían de 6,5 iens/minutos (ata un máximo de 60 minutos) para os clientes de plans mensuais (sen diferenciar chamadas a móbiles ou fixos) e con chamadas a 3 iens por minutos a fixos e 14 iens por minuto a móbiles (incluíndo os de outros países) de empregar o saldo en prepagamento (polo momento non comunicaron os prezos para España).
LINE permitirá facer chamadas telefónicas
Compartir Este Artigo

