
O seu obxectivo, coméntanos Diego Meixeiro, consultor especialista en Drupal e membro do equipo de desenvolvemento web de Sdweb, é axudar aos alumnos a ter o alicerce preciso para impulsar proxectos de comercio electrónico e redes sociais, “así como optimizar o rendemento de portais baseados en Drupal 7”.
Como dixemos, a empresa Sdweb é a responsable de impartir esta formación na que “ademais de coñecementos teóricos afondarase na propia experiencia práctica como de Sdweb empresa punteira na implantación de Drupal en grandes e pequenas organizacións, así como no desenvolvemento de proxectos de comercio electrónico e redes sociais baseados neste CMS”.
Este curso celebrarase na cidade da Coruña do 21 ao 29 de marzo cunha duración total de 20 horas, distribuídas en 4 xornadas. O número de prazas dispoñibles é de 25. As persoas que desexen participar poderán inscribirse na web do CPEIG. O custo da actividade é de 95 € para membros do colexio, colexiados e precolexiados, e aqueles “non membros” con compromiso de colexiación ou precolexiación; e de 190 € para “non colexiados”. Como dixemos, o encargado de impartir as diferentes sesións e obradoiros é Diego Meixeiro, que xa ten unha longa experiencia, xunto con Sdeweb, en importantes proxectos de desenvolvemento para clientes como Anaya, Novagalicia Banco, Xunta de Galicia, Universidade de Barcelona ou Universidade de Santiago de Compostela.
Sdweb amosará nun curso sobre Drupal 7 a súa frutífera experiencia co xestor de contidos libre
Compartir Este Artigo
