Esta semana as páxinas de Facebook van adoptar un novo deseño na súa versión de escritorio, de xeito que as entradas en cada páxina amosaranse nunha única columna principal, abandonando o confuso formato en dúas columnas que temos actualmente, buscando así unha consistencia nos distintos deseños de Facebook (os taboleiros de usuarios e as novas amósanse nunha única columna).
Tras este cambio de deseño, a columna da esquerda das páxinas de Facebook pasará a empregarse para amosar información sobre o negocio, como un mapa, os horarios de apertura e o número de teléfono, así como fotografías e vídeos (tamén na liña do que actualmente temos nas páxinas persoais).
Este redeseño tamén afectará ás ferramentas de administración das páxinas, que figurarán na barra de navegación da parte superior da páxina, facendo máis doada a súa localización.
As páxinas de Facebook recuperarán o seu deseño a unha columna
Compartir Este Artigo

