No marco do Mobile World Congress de Barcelona circularon rumores de que Google e LG estaban a desenvolver un smartwatch que sairía ao mercado en xuño (posiblemente durante a conferencia Google I/O), e que estaría baseado nun sistema operativo orientado a dispositivos para vestir que se presentaría este mesmo mes, e parece que o ruxerruxe avanza cara a súa confirmación, xa que onte o executivo de Google, Sundar Pichai, asegurou durante o congreso South by Southwest que teñen revisto lanzar un SDK de Android para dispositivos wearables.
Lembremos que os últimos smartwatches de Samsung corren con Tizen en vez de con Android (como a anterior xeración) polo que parece que Android aínda non estaba optimizado para pequenos trebellos que levar enriba, de aí que resulte razoable que Google contribúa a solucionar unha eiva importante para un sector de dispositivos emerxentes que poden dar moito xogo nos vindeiros meses.
Google prepara un SDK de Android para dispositivos para vestir
Compartir Este Artigo

