2013 foi un ano de cambios para a guía de lecer OcioenGalicia, pois renovou a súa páxina web e estreou aplicación para Android, e agora tócalles facer balance desta nova ferramenta móbil, que parece estar a ter moi boa aceptación, xa que superou as 1.200 descargas, principalmente dende teléfonos Samsung GALAXY S4, S3 e S2 e por parte de usuarios das compañías R, Vodafone e Movistar.
A aplicación móbil de OcioenGalicia permite consultar a axenda sociocultural das principais cidades galegas (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago de Compostela), permite participar nos sorteos activos na súa páxina web, consultar o programa de feiras de cada provincia e incluso a carteleira cinematográfica (con horarios e fichas de películas).
Dende OcioenGalicia tamén informan de que o seu espazo web conseguiu superar o medio millón de visitas durante 2013, con 1,4 millóns de páxinas vistas e un alto grao de fidelidade dos seus usuarios. Tamén acumula 13.100 seareiros en Facebook, 23.200 en Twitter, 1.800 en Tuenti e máis de 120 mil reproducións na súa canle de YouTube.
A aplicación para Android de OcioenGalicia supera as 1.200 descargas
Compartir Este Artigo

