O espazo coruñés de coworking WeKCo celebrará o vindeiro 26 de marzo unha nova edición de WeKCoDesayuno, actividade que desenvolverase entre as 9:30 e 11:00 horas, combinando un almorzo lixeiro cun relatorio que nesta ocasión correrá a cargo do avogado especializado no sector TIC Víctor Salgado, quen explicará “como cumprir a lei nunha StartUp TIC e non morrer no intento”, estando xa aberta a inscrición para esta actividade.
Salgado exporá algunhas chaves para evitar os fallos máis perigosos ao lanzar unha nova empresa de base tecnolóxica ante o reto que supón ter que lidar cun contorno legal ambiguo e vagamente adaptado a esta nova realidade. O relatorio pode resultar de interese para autónomos, emprendedores, xerentes de pequenas empresas ou simplemente persoas inquedas que desexen compartir unhas horas cun experto do que poderán aprehenderse valiosos consellos.
Víctor Salgado ten unha ampla experiencia como avogado especializado en TIC dende o seu propio bufete, tendo tamén unha grande experiencia en docencia e comunicación e incluso atrevéndose a realizar varios emprendementos no sector, polo que non estamos ante un profesional que só coñeza a face teórica deste ámbito.
Recentemente participou en TEDxGalicia expondo o seu punto de vista sobre o que considera que podería ser a Democracia 2.0:
O Dereito 2.0 centrará a vindeira edición de WeKCoDesayuno
Compartir Este Artigo

