Aínda que polo momento Google Glass non é máis que un proxecto pechado a desenvolvedores de EE.UU., dende Google están a avanzar para que poida converterse nun produto comercial no futuro, e anuncian que pecharon un acordo con Luxottica, un grupo especializado en lentes deportivas e de luxo con máis de 5.000 establecementos nos EE.UU. que distribúe marcas como Ray-Ban, Oakley, Vogue-Eyewear, Persol, Olver Peoples, Alain Mikli e Amette, alianza que podería servir para achegar a tecnoloxía de Google Glass ao público, xa que Luxottica ten experiencia na fabricación, distribución e venda de produtos que sexan do gusto dos seus clientes.
Google procurará seguir incrementando as opcións estéticas nas que integrar a súa tecnoloxía de lentes, mentres que Luxottica achegaría a súa canle de distribución, facendo que as Google Glass poidan estar dispoñibles para o cidadán de a pé.
Amais, esperan que este acordo propicie que no futuro vaia ser posible a integración de Google Glass en lentes de marcas como Oakleys ou Ray-Ban.
Luxottica distribuirá Google Glass nos EE.UU.
Compartir Este Artigo

