Para dar un pulo ao espírito innovador no desenvolvemento de aplicacións empresariais BBVA e Google xuntan forzas e convocan InnovaApps+, un concurso internacional que pretende promover a aparición de novas solucións das que podan tirar proveito as empresas e, especialmente, PEME e emprendedores de España e América latina.
InnovaApps+ reta aos desenvolvedores a crear aplicacións de produtividade, que solucionen problemas ou faciliten a realización de tarefas dentro das empresas. As aplicacións a concurso deberán estar baseadas en tecnoloxías de Google, como AppScript e Cloud Platform (computación na nube), Android (dispositivos móbiles) ou Google+ (redes sociais), que estean desenvolvidas baixo unha licenza aberta que permite que calquera poida empregala, modificala e adaptala ás súas necesidades específicas.
Este reto de BBVA e Google contará con catro categorías: Aplicacións para a xestión interna (por exemplo, para procesos de selección de persoal, xestión de gastos, facturación…), aplicacións de organización (para mellorar procesos produtivos, como calendarios de xuntanzas, videoconferencias, traballo na nube…), aplicacións de relacións con clientes (para mellorar o trato cos clientes, como CRM, marketing, venda en liña…) e Premio Especial BBVA (para aplicacións que supoñan un valor engadido para o seu uso interno no banco e que se integren coas Google Apps que xa empreguen os empregados, podendo valorarse tamén aplicacións móbiles de produtividade ou as que utilicen Bluetooth 4.0 ou sensores internos).
Será posible dar de alta proxectos nesta competición ata o 30 de maio, o que permitirá optar a premios de 3.000, 2.000 e 1.000 euros para os primeiros clasificados en cadansúa categoría (agás na categoría especial BBVA, na que os premios multiplicaranse por 3). Tamén entregaranse outros premios a xeito de mencións de honra.
Durante a celebración deste concurso, Google e BBVA organizaron un amplo programa de formación e obradoiros por distintas cidades españolas entre as que figura Vigo.
Un concurso de aplicacións baseadas en tecnoloxía de Google repartirá 40.000 euros en premios
Compartir Este Artigo

