A LAN party informática Xuventude Galicia Net celebrou o ano pasado a súa 14ª edición adiando a súa data habitual ao mes de maio, pero os seareiros deste tipo de encontros nesta ocasión non terán nin a oportunidade de gozar do evento máis aló da Semana Santa, senón que dende Traballo e Benestar confirmarían que, por motivos de redución orzamentaria, cancélase o encontro deste ano, aínda que non desbotan que poida retomarse a súa celebración en anos posteriores.
Ao parecer a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado decidiu dar prioridade este ano ao gasto nos apartados de educación non formal ligada ao emprego e nos programas de conciliación, como as campañas de verán e os campamentos, deixando a máis dun milleiro de rapaces de entre 16 e 30 anos sen a posibilidade de xuntarse no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia.
Con esta cancelación Xuventude Galicia Net seguiría os pasos doutros encontros semellantes, como a veterana Campus Party, que en 2011 deixou de celebrarse en Valencia por falta de axudas públicas.
Este ano non se celebrará a party Xuventude Galicia Net
Compartir Este Artigo

