
Pero os usuarios parecen esquecer que realmente o soporte ordinario de Windows XP xa rematou o 14 de abril de 2009, cando entrou en soporte estendido, no que Microsoft limitábase a lanzar só parches críticos a grandes fallos de seguridade. Finalmente hoxe é a data na que Microsoft considera que rematou a vida de Windows XP (aínda que algunhas compañías e gobernos continuarán a recibir soporte de pagamento un ano máis), mantendo actualizadas as ferramentas de seguridade informática desta plataforma ata o 14 de xullo de 2015 (para non deixar totalmente desamparados aos usuarios que deixaran a migración a sistemas operativos modernos ata o derradeiro momento).
Na páxina web de Microsoft detallan o que supón o remate do soporte técnico de Windows XP, que sería o sistema operativo para PC co maior ciclo de vida ata o momento (12 anos), deixando claro que continuar a empregar un sistema operativo obsoleto é un grande problema de seguridade e recomendando dar o salto a Windows 8.1, sistema operativo que é capaz de funcionar cun bo desempeño en equipos que como mínimo conten cun procesador a 1 GHz, 1 Gb de RAM e 16 Gb de almacenamento interno libre.
Hoxe remata o soporte técnico de Windows XP
Compartir Este Artigo

