
Un dos principais responsables desta achega formativa é Óscar Ferreiro Vázquez, profesor no departamento de Tradución e Lingüística da Universidade e membro da AGPTI, Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación. Segundo informa, o alumnado aprenderá a empregar MemoQ, unha ferramenta profesional de tradución asistida, que dende o lanzamento da súa primeira versión en 2004 viviu un rápido desenvolvemento, “xa que ofrece unhas prestacións axeitadas para os profesionais da tradución”. Con ela os estudantes crearán unha memoria de tradución, traballarán a base terminolóxica, o formato de arquivos e as súas principais funcións.
A docencia impartirase ao longo de doce horas de clases presenciais, fixadas para o martes, mércores e xoves, 22, 23 e 24 de abril, de catro a oito da tarde, na aula Newton 9 da Facultade de Filoloxía e Tradución, das que o 85% serán de asistencia obrigatoria.
A UVigo lanza un curso sobre novas ferramentas TIC para os profesionais da tradución
Compartir Este Artigo

