Apple e IBM anunciaron hoxe un acordo de colaboración exclusivo a través do que xuntarán forzas para transformar a mobilidade corporativa a través dun novo tipo de aplicacións empresariais que achegarían a iPhone e iPad as capacidades de analítica e big data de IBM.
A través desta alianza pretenden centrase en 4 puntos:
– unha nova clase de máis dun cento de solucións específicas para a empresa entre as que figuran aplicacións nativas, desenvolvidas especificamente para iPhone e iPad
– servizos na nube de IBM optimizados para iOS, incluíndo a xestión de dispositivos, a seguridade, as analíticas e a integración móbil
– un novo servizo de soporte e atención ao cliente feito a medida das necesidades da empresa
– unha nova oferta empaquetada de administración, subministro e activación de dispositivos achegada por IBM
Temos así que non só se integrará iOS na plataforma IBM MobileFirst, senón que o xigante azul tamén venderá dispositivos iPhone e iPad para clientes corporativos a nivel mundial, para que as compañías poidan gozar das solucións empresariais que se desenvolverán pensando nos trebellos de Apple.
Apple e IBM colaborarán no desenvolvemento de solucións profesionais móbiles
Compartir Este Artigo

