Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Até 57 dinamizadores darán asesoramento TIC aos concellos lucenses adheridos a Innova-TE
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Até 57 dinamizadores darán asesoramento TIC aos concellos lucenses adheridos a Innova-TE

Redacción
Publicado: 27/10/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

depu_lugo_innovate.jpgA Deputación de Lugo presentou novidades importantes acerca do desenvolvemento do plan Inno-TE. Segundo fixo saber o organismo provincial, ata 57 traballadores darán formación e asesoramento en novas tecnoloxías ao case medio cento de concellos que se sumaron ao dito programa de introdución ás TIC e á eAdministración, o programa Innova-TE. O novo labor de asesoramento, sinala a entidade provincial, responde á propia demanda dos concellos, que queren seguir fomentando o emprego das ferramentas dixitais aplicadas ao seu día a día, “e tirarlles o máximo partido”.
Nesta segunda fase do plan, o organismo provincial reforza o equipo de dinamizadores, que pasan a ser 57. Asemade, amplíase o seu radio de acción, xa que amais de estar a disposición das administracións locais, desenvolverán actividades dirixidas aos veciños en xeral co fin de potenciar o uso das novas tecnoloxías e amosar como se poden aproveitar todas as súas posibilidades a nivel persoal e laboral. A previsión é de que comecen a traballar no mes de novembro e rematen a principios de marzo. Entre outras actuacións, impartirán un plan de formación de 576 cursos para os empregados municipais sobre temas como os trámites electrónicos ou as principais ferramentas web (amais de xestión de portais, formación xurídica relacionada coas novas tecnoloxías ou posta en marcha de sedes electrónicas), axudarán aos concellos a resolver incidencias nos seus equipos e nas súas redes e organizarán xornadas para abordar cuestións como as vantaxes e usos da eAdministración ou o comercio electrónico. A idea é chegar con esta última actuación a uns 5.000 veciños aproximadamente.
Segundo explica a Deputación, este novo servizo está cofinanciado nun 80% por fondos europeos a través do plan Innova-TE, polo tanto “a custe cero para os 48 municipios beneficiados”.
Como lembraremos, o Plan Innova-TE foi presentado en 2010 co obxectivo fundamental de contribuír á dixitalización de boa parte dos servizos públicos que achegan os concellos da provincia. Tivo un orzamento de partida de 9 millóns de euros achegados nun 70 por cento con fondos FEDER e nun 30 por cento por parte da Deputación de Lugo. Na súa orixe, o obxectivo foi o de inverter a situación de desvantaxe na que se atopaba daquela a provincia con respecto a uso das novas tecnoloxías. A iniciativa do organismo provincial dirixiuse pois a promover, mediante a Administración Electrónica, avances tecnolóxicos e sociais, situando á Lugo como un territorio plenamente inserido na Sociedade da Información.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?