
Este novo deseño de aplicacións aposta por dar ao software a aparencia de elementos do mundo real, como o papel e a tinta, á vez que empregan cores fortes e tipografía ancha, así como unha xerarquía clara e un enfoque que faciliten que prestemos atención ao contido.
Un exemplo de aplicación
que está a renovarse é Google Calendar, a ferramenta de calendario que xa
non se limita a recoller os elementos que apuntemos na axenda, senón que
reforza o seu rol de servizo, e que, por exemplo, engade de xeito automático ao
noso calendario elementos que recibamos por correo electrónico (como cando
contratamos un voo, facermos unha reserva hoteleira ou mercamos a entrada dun
concerto), inclúe suxestións para aforrar tempo ao usuario, e inclúe unha vista
de axenda que inclúe fotografías e mapas dos lugares ao que iremos, así como
ilustracións de eventos habituais para facer moito máis visual a consulta dos
nosos calendarios. Esta aplicación está xa dispoñible para os terminais con
Android 5.0, aínda que máis adiante tamén estará dispoñible para calquera
trebello con Android 4.1 ou superior.
Vídeo de presentación do novo Google Calendar
Na mesma liña tamén
está a actualizarse a aplicación oficial de Gmail para Android, que
incorpora un estilo gráfico novo, transicións máis agradables e outros cambios
de interface como o feito de que na parte inferior de cada mensaxe temos un
botón de resposta, facendo máis rápido e doado continuar unha conversa cando
estamos en mobilidade.
Pero a principal actualización para moitos usuarios non correspondería aos
cambios de interface, senón ao feito de que agora este cliente de correo
electrónico soporte outros provedores que empreguen tecnoloxías POP/IMAP como
Yahoo Mail ou Outlook.com, de xeito que dende a mesma aplicación coa que
xestionarmos o correo de Google podemos tamén xestionar outras contas de
e-mail.
Vídeo de presentación da nova aplicación de Gmail para Android

