Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As impresoras en 3D e os coches conectados, protagonistas do arranque das JAI en Vigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As impresoras en 3D e os coches conectados, protagonistas do arranque das JAI en Vigo

Redacción
Publicado: 03/11/2014
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

O profesor da UVigo Nacho Armesto, impulsor e principal responsable das xornadas
O profesor da UVigo Nacho Armesto, impulsor e principal responsable das xornadas
Este luns 3 de novembro comeza oficialmente a sexta edición das Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial (JAI). A cita é no auditorio AFundación de Policarpo Sanz (Vigo) e arranca con tres relatorios sobre a evolución das ditas tecnoloxías en diferentes ámbitos fabrís. Previamente (arredor das 11.30 horas) celébrase o acto oficial de inauguración dos encontros, unha cita que conta coa presenza (entre outros persoeiros) do reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, Xesús Vázquez, conselleiro de Educación, e Abel Caballero, alcalde de Vigo. Tamén está prevista unha recepción na entrada do centro social AFundación, onde estará situada unha das impresoras 3D da UVigo e cuxo funcionamento será amosado en detalle perante os persoeiros participantes na apertura oficial.
A continuación, virán os relatorios e as mesas redondas propiamente ditas. ENCE Pontevedra falará dos últimos avances postos a disposición das súas plantas de celulosa e, a continuación, PSA Peugeot Citroën afondará nas particularidades do seu coche conectado (do que falamos en Código Cero salientando as contribucións do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia -CTAG- e do obxectivo do proxecto: un vehículo intelixente que sexa quen de dialogar e interactuar co condutor á hora de resolver todo tipo de complexidades na estrada). Ademais, ITGlas amosará en detalle as presentes e vindeiras aplicacións das Google Glass no ámbito das aplicacións industriais.
Momento da inauguración da presente edición das JAI
Momento da inauguración da presente edición das JAI
Polo tanto, o arranque das xornadas JAI permitirá coñecer de primeira man potencial tecnolóxico de Galicia, xa que ademais das experiencias de EMCE, o CTAG e PSA, tamén se contará coas achegas de AIMEN (o seu proxecto Fisiorob), Gradiant (avances en posicionamento de interiores e realidade aumentada) ou da Universidade de Vigo e dos investigadores que están a dar forma ás pezas do satélite FemtoXat ou a impresora 3D gañadora do premio MachineStruxure.
As xornadas, organizadas polo Departamento de Enxeñaría de Sistemas e Automática da Escola de Enxeñería Industrial, ata o 7 de novembro e son, segundo fai saber o principal impulsor do evento, o profesor da UVigo Ignacio Armesto, “un referente como punto de encontro entre as empresas do sector, os profesionais e os investigadores e estudantes de enxeñaría”.
Entre as empresas que terán presenza nesta sexta edición están algunhas das máis representativa do sector da automatización como ABB, Beckhoff, Bosch Rexroth, Harting, Kepware, Kuka, MatrikonOPC, Omron, Phoenix Contact, Rockwell Automation, Schneider Electric, Siemens, WEG ou Wonderware. A organización conta arestora con máis de 200 alumnos e alumnas inscritos.
Un dos proxectos máis rechamantes desta edición será o Fisiorob, do centro AIMEN, do que falamos recentemente en Código Cero. Trátase dun robot colaborativo que actúa nos procesos de recuperación fisioterapéutica. É froito da colaboración entre POVISA, a firma galega Balidea e a Universidade de Vigo, entre outras entidades, e o seu obxectivo desenvolver unha solución baseada na combinación da robótica con contornas virtuais de rehabilitación, para o seu uso na recuperación da mobilidade das extremidades superiores de pacientes con necesidade de rehabilitación neuromotora.
Igualmente, poderase observar o funcionamento de dous proxectos desenvolvidos por Gradiant. O primeiro deles é un sistema de localización en interiores que, a través de balizas e un localizador permite triangular a posición do que queiramos nun espazos pechado empregando unha tecnoloxía de baixo custe. O centro tecnolóxico achegará tamén outro proxecto de realidade aumentada ou animación sobre realidade que ten utilidade, por exemplo, en tarefas de mantemento industrial. Por outra banda, lembrar tamén que a Universidade acudirá ás xornadas coa impresora que se emprega para fabricar parte das pezas do satélite FemtoXat.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026
Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?