Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Amazon amosa un altofalante conectado que responde a ordes de voz
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
TREBELLOS

Amazon amosa un altofalante conectado que responde a ordes de voz

Marcus Fernández
Publicado: 06/11/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

amazon_echo_DeviceHeroImg.jpgNas últimas horas Amazon sorprendeu presentando un novo produto que parece unha auténtica innovación, que a moitos podería parecerlles un soño de ciencia ficción, pero que vén a ser unha simple aplicación de tecnoloxías que xa están presentes en dispositivos móbiles, pero aplicadas ao fogar, xa que o Amazon Echo é un altofalante conectado á Rede que atende ás nosas ordes de voz.
Este curioso dispositivo con forma cilíndrica ten unha altura de 23,5 centímetros e un diámetro de 8,3 centímetros, funciona conectado á corrente eléctrica (de xeito que non é preciso recargalo), conéctase á Internet a través de Wi-Fi, conta con Bluetooth para que poidamos empregalo como altofalante para os contidos que teñamos no móbil ou na tableta (ou incluso para escoitar música de servizos de streaming) e incorpora unha matriz de 7 micrófonos que permiten que poida recoller a nosa voz en toda unha habitación para así poder darlle instrucións verbais, que poden ir dende preguntarlle pola predición meteorolóxica ata configurar unha alarma, na liña do que fan os asistentes móbiles como Siri.

O Amazon Echo quere converterse nun elemento do fogar que tanto poida ambientar musicalmente como facilitar información de interese ou alertarnos das nosas tarefas
O Amazon Echo quere converterse nun elemento do fogar que tanto poida ambientar musicalmente como facilitar información de interese ou alertarnos das nosas tarefas
Este dispositivo está baseado en tecnoloxía de Amazon, polo que espera recibir melloras constantemente, de xeito que aparte de servir para escoitar música, tamén pode achegar contidos informativos de interese, axudar a programar alertas ou relacións de tarefas pendentes, responder a dúbidas do usuario (que responde consultando a Wikipedia e outras fontes) e outras funcións que pouco a pouco irá incorporando Amazon a través da nube a esta solución que tamén pode controlarse dende o móbil.
Este produto poderá mercarse nos EE.UU. mediante invitación a un prezo de 199 dólares (160,76 euros), de xeito que será un dos produtos piloto de Amazon (como o Amazon Dash) orientados a mudar as nosas vidas, de aí que realizar probas moi amplas sexa algo fundamental antes da súa comercialización masiva.

Vídeo promocional do Amazon Echo

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

TREBELLOS

Kodak SlideTag converte un chaveiro nun portafotos dixital e nun localizador de obxectos

27/11/2026
TREBELLOS

TP-Link presenta unha cámara doméstica con pantalla táctil e videochamadas

25/11/2026
TREBELLOS

O Honor Magic9 Pro Max inicia o seu espallamento internacional

24/11/2026
TREBELLOS

Samsung presenta o primeiro monitor gaming capaz de alcanzar os 1.100 Hz

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?