Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: FOGA presenta no Ponte dos Brozos de Arteixo as vantaxes e posibilidades da Escola Samsung
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

FOGA presenta no Ponte dos Brozos de Arteixo as vantaxes e posibilidades da Escola Samsung

Redacción
Publicado: 25/11/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

obradoiro_foga_arteixo.jpgFOGA, empresa galega da que temos falado en diversas ocasións (por exemplo para dar conta da súa tenda en liña de produtos informáticos) vai organizar este 25 de novembro, en Arteixo, a presentación do programa Escola Samsung, unha actividade que se insire na liña da celebrada recentemente en Santiago, tamén da man de FOGA. Lembrar que o programa Escola Samsung é unha proposta para a incorporación definitiva e eficiente das tecnoloxías móbiles no sistema educativo. A idea, segundo a multinacional, é favorecer que a evolución tecnolóxica no ensino (máis devagar) se sitúe á par da evolución tecnolóxica social (máis rápida). A cita de FOGA en Arteixo será no Colexio Ponte dos Brozos, un centro referente no ámbito da innovación. Como tamén é o CEIP Vilar de Barrio, que tamén tira partido do programa de Samsung.
FOGA, socio oficial galego da iniciativa docente-tecnolóxica da multinacional, quere contribuír con este programa de seminarios (o de Santiago, o de Arteixo e os que presumibelmente virán a curto e medio prazo) ao éxito académico dos nosos nenos e adolescentes coa incorporación das novas tecnoloxías ás aulas. Como dixemos, Samsung School é unha achega para a incorporación definitiva e eficiente das tecnoloxías móbiles no eido do ensino. A solución integra encerados dixitais con tabletas de última xeración a través dun software co que o profesor estimula e controla o traballo dos seus alumnos. “Distribuír información, realizar un seguimento do progreso dos estudantes e a avaliación dos seus resultados será en virtude desta iniciativa máis simple que nunca”, sinala FOGA. E engade: “A solución permite que estudantes e mestres accedan, desde dentro e desde fóra da aula e cos seus dispositivos conectados a Internet, a un enorme volume de información en constante evolución e de alto valor educativo”.
Afondando nas metodoloxías empregadas en Samsung School, sinalar que o eixe é un sistema de comunicación entre dispositivos que permite aos profesores saber o que cada alumno fai en cada intre e incentivar os traballos colaborativos. Segundo engade FOGA, “este tipo de plataforma permite que os docentes adapten contidos e estratexias formativas ás necesidades particulares de cada alumno”.
No evento, que será conducido por profesores con experiencia na docencia con dispositivos de mobilidade, participarán tanto persoal de FOGA como especialistas de Samsung España desprazados especificamente para esta xornada.

Os obradoiros

De natureza práctica, os Obradoiros Samsung School de FOGA teñen unha finalidade informativa e formativa e requiren convite previo. Entre os asistentes desta edición atópanse diferentes centros de ensino públicos e privados da zona e institucións como a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, a Fundación Montecelo, ASPRONAGA, a Universidade da Coruña ou o Concello de Arteixo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?