Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Santiago acolle este venres a nova edición de Compostweets, encontro dos nosos profesionais das redes sociais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Santiago acolle este venres a nova edición de Compostweets, encontro dos nosos profesionais das redes sociais

Redacción
Publicado: 19/12/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

A edición de 2011 de Compostweets xuntou a máis de 350 profesionais no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia
A edición de 2011 de Compostweets xuntou a máis de 350 profesionais no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia
Este venres quen queira falar ou escoitar falar sobre as redes sociais e as súas implicacións na nosa vida diaria (incluída a nosa vida empresarial) ten unha cita ineludible en Santiago de Compostela, no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, onde recunca Compostweets cunha nova convocatoria logo de terse desenvolvido no mesmo escenario a pasada edición. Dende a organización recalcan que, unha vez máis, o obxectivo do encontro é (amais de debater acerca dos camiños e acubillos 2.0), vincular a todos os profesionais da Rede social, “facendo networking na medida do posible”.
Como avanzamos hai uns cantos días, estamos ante encontro que inclúe relatorios con vocación didáctica aos que seguirá unha sesión de elevator pitch para dar a coñecer algúns novos proxectos galegos. Compostweets vén da man de Lúdica 7, empresa especializada en accións formativas sobre servizos sociais, na achega de recursos para a publicación dixital do xeito máis cómodo e eficaz posible e, tamén, na organización das diferentes xuntanzas de Compostweets, xeiras de traballo e intercambio de información que reúnen dende a súa posta en marcha a centos de profesionais (máis de 300 na primeira cita) das redes sociais na nosa terra.
Segundo Lúdica 7, os obxectivos de Compostweets pasan por crear, manter no tempo e ampliar un punto profesional de encontro arredor dun fenómeno que nos colle de cheo: o espallamento dos servizos de Internet que convidan á participación activa. Asemade, preténdese establecer ligazóns duradeiras con outras accións profesionais semellantes que se levan a cabo na xeografía estatal.
O programa de Compostweets 2014 quedaría como segue:
10:00 – Apertura de instalacións, recepción de asistentes e convidados
10:30 – Compostweets 2014 Nadal en Rede
11:00 – Un Facebook divertido / O Facebook de Chus Alvite
11:30 – 12:00 – Café.
12:00 – O meu Twitter supérame. ¿Redes sociais? O meu sobriño encárgase de todo por Javier Rocamora
13:00 – Non vendo un pemento co meu e-commerce por Manuel Alonso
13:30 – Presentacións Elevator Pitch
14:00 – Xantar no Restaurante O Pajueleira (esta actividade terá un prezo de 10 euros

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?