
“Coa selección para a participación da nosa empresa no programa”, apuntan dende Torusware, “amósase que as solucións de Torusware e as necesidades tecnolóxicas do sector bancario encaixan á perfección para acadar grandes éxitos e mellores resultados”. O devandito programa púxose en marcha en 2010 e desde entón sucedéronse 49 participantes ao longo das 7 edicións entre Nova York, Londres e Hong Kong. Trátase, explican dende Torus, da primeira ocasión en que unha compañía radicada en España é seleccionada para o FinTech Innovation Lab, que contou con máis dun milleiro de solicitudes de participación.
As entidades que concorren son os principais bancos comerciais e de investimento a nivel europeo e global, entre eles Bank of America Merrill Lynch, Barclays, Citi, Credit Suisse, Deutsche Bank, Goldman Sachs, HSBC, JPMorgan Chase, Lloyds Banking Group, Morgan Stanley, RBS and UBS. This year, Intesa Sanpaolo, Nationwide e Santander.
“O programa Accenture FinTech Innovation Lab reflicte a importancia da tecnoloxía financeira na economía do Reino Unido, a modo de exemplo desde o ano 2004 ao redor do 53% das transaccións de Fintech de Europa levouse a cabo no Reino Unido”, engade Torusware, que tamén informa que “nos últimos anos a demanda de innovación en tecnoloxía financeira no país medrou o dobre se a comparamos coa de Silicon Valley”.
Lembrar que Torusware é unha firma galega de comunicacións ultrarrápidas que permite acelerar aplicacións na infraestrutura tecnolóxica da empresa e en contornas na nube, especialmente nos ámbitos financeiros. “As aplicacións máis rápidas”, explican os impulsores de Torus, “proporcionan ás compañías maiores vantaxes competitivas ao mesmo tempo que reduce os seus custos tecnolóxicos; neste senso a solución que ofrece Torusware é 100% software non intrusivo, a cal aproveita ao máximo o hardware subxacente, contribuíndo así a combater os problemas de rendemento entre as aplicacións e a infraestrutura”.
Torusware, seleccionada para participar nun dos máis prestixiosos programas de innovación financeira
Compartir Este Artigo
