
Deste xeito, Carmela Troncoso, ata o de agora enxeñeira post doutoral en Gradiant, terá entre mans a responsabilidade de dirixir unha temática de gran potencial de crecemento no centro tecnolóxico. De feito, a actividade do mesmo en cuestións ligadas á privacidade e a seguridade multiplicouse nos últimos meses, “intensificándose de forma especial as colaboracións en eventos e foros de máxima relevancia para a investigación e a industria”. Así, aparte da presenza no PETS ou en HomSec, Troncoso participou no Real Word Crypto en Londres, no kick-off do proxecto WITDOM en Madrid ou na Computer Privacy and Data Protection de Bruxelas, entre outros eventos de alcance internacional.
Lembrar que a doutora Troncoso é enxeñeira de Telecomunicacións pola Universidade de Vigo. En outubro de 2006 uniuse ao grupo de investigación COSIC na Katholieke Universiteit Leuven (Bélxica) como estudante de doutoramento, finalizando en abril de 2011. A súa tese Design and Analysis methods for Privacy Technologies parcialmente financiada pola Fundación Barrié de la Maza, recibiu o premio á mellor tese doutoral en materia de seguridade do Consorcio Europeo de Investigación en Informática e Matemáticas. Carmela realizou estadías nunha manchea de grupos de investigación coñecidos en todo o mundo, como por exemplo o Microsoft Research Cambridge, o grupo Hatswich na Universidade de Illinois en Urbana-Champaign, ou o laboratorio LCA1 na École Polytechnique Fédérale de Lausanne. En outubro de 2012 incorpórase a Gradiant grazas ao proxecto europeo LIFTGATE.
Carmela Troncoso, á fronte do equipo de Privacidade e Seguridade de Gradiant
Compartir Este Artigo
