Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPETIG e Igualdade estudan accións vindeiras para favorecer o uso responsable das TIC na xuventude
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPETIG e Igualdade estudan accións vindeiras para favorecer o uso responsable das TIC na xuventude

Redacción
Publicado: 26/03/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cpetig_igualdade.jpgO presidente e o secretario do CPETIG, Marcos Mata e Juan Luis Miguéns, respectivamente, tiveron na mañá do pasado martes unha xuntanza coa secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, na que se avaliaron posibles vías de colaboración entre ámbalas partes. O obxectivo do encontro, que se suma ao dos compañeiros do CPEIG que tamén se celebrou esta semana, foi sentar os alicerces de accións vindeiras orientadas a favorecer o uso responsable e en condicións de igualdade das novas tecnoloxías da información entre a poboación moza de Galicia.
Para iso, fixeron saber, contémplase a marcha accións conxuntas para corrixir a suba da discriminación de xénero que está a experimentar a nosa sociedade nos últimos anos e que vén constatada por unha manchea de investigacións recentes, moitas das cales atenderon directamente ao emprego que lle dan as novas xeracións ás novas tecnoloxías (nas que se reflicte en detalle o incremento dos estereotipos e dos factores que inducen á discriminación).
Segundo lembrou o CPETIG, entre os estudos máis salientables e referenciais atópase o presentado a principios de ano polo Ministerio de Sanidade e no que se amosa que case unha de cada tres persoas novas considera “aceptable en ocasións” ou “inevitable” actitudes directamente ligadas ao machismo como controlar as relacións con amigos e familiares ou os horarios da parella.
O CPETIG, como recordaremos, tense significado moito contra a discriminación e a fenda de xénero dixital na nosa terra, tal e como o evidencia o seu informe recente sobre a matriculación feminina en informática nas nosas universidades. No seu estudo, entre outros datos, faise saber que a participación das mozas nos ditos ámbito de estudo baixou do 26% ao 14% nos nosos campus ao longo dunha década. Segundo apuntou daquela a entidade profesional que preside Marcos Mata, nos últimos dez anos tense producido un importante descenso da presenza de alumnas no Grao en Informática nas tres universidades de Galicia (hoxe estamos na devandita taxa do 14%), cun rango que oscilou entre as cifras da Universidade de Vigo, que andaban hai dez anos a rentes do 30%, e a taxa amosada hoxe pola devandita carreira na Universidade de Santiago, unha taxa de matriculación que rolda o 12%.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?