O Concello da Coruña contará dende mañá con presenza de seu nas redes sociais, xa que mañá mesmo vai estrear páxina oficial en Facebook e conta en Twitter (ata o momento a presenza nestas plataformas era de distintos departamentos municipais, pero non do propio Concello) á vez que tamén anuncian que emitirán por streaimng o vindeiro sábado ás 9:00 horas o Pleno da Organización do que xa está publicada na web a orde do día.
Con estas iniciativas o Concello busca unha maior apertura aos cidadáns, chamando á súa participación, de xeito que a través das plataformas en liña irá achegando información sobre a actividade municipal e as propostas do goberno local.
Nas vindeiras semanas iniciarán a actividades noutras plataformas en liña, e tamén destacan que van reformular o proxecto Smart City, para achegalo máis á cidadanía e “dotalo de sentido”, segundo comentou o alcalde, Xulio Ferreiro, quen detallou que “no proxecto da Smart City sabemos o que hai, e para o que ten que servir de verdade, para ser útil para a cidadanía. Do que tamén somos conscientes é de que hai moita xente que non sabe aínda o que é este proxecto, polo que temos que dotalo de contido”.
O Concello da Coruña estreará presenza oficial nas redes sociais e reformulará o proxecto de Smart City
Compartir Este Artigo
