Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Chegan á nosa terra os servizos 4G na banda dos 800 MHz
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Chegan á nosa terra os servizos 4G na banda dos 800 MHz

Redacción
Publicado: 21/07/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

vodafone4grapida.jpgComo avanzamos os días pasados, Ourense está a ser a porta de entrada para a tecnoloxía 4G de Vodafone operando pola banda de frecuencias dos 800 MHz, unha porta cuxa apertura estaba fixada para este 20 de xullo. Este acontecemento, como é de agardar, non é único. De feito complétase cos movementos de ficha das restantes operadoras que achegan 4G (Movistar e Orange), e que estaban todos eles fixados para este luns, por ser este día o establecido polo Goberno para dar vía libre á implantación oficial do uso da banda larga móbil 4G na banda dos 800, cousa que se acompaña dunha cumprida campaña informativa. Esta liberación da banda dos 800 foi o obxectivo do Dividendo Dixital que afectou os meses pasados á Televisión Dixital Terrestre. Agora, co inicio do devandito proceso, Ourense atópase entre as localidades estatais onde se goza do LTE máis veloz e de meirande calidade. Porén, en breve haberá máis: boa parte das provincias de Ourense e A Coruña.
O proceso irá chegando aos poucos. Segundo se informa, debido á complexidade do novo estado de cousas, a activación das antenas realizarase de maneira gradual, comezando en núcleos de poboación estratéxicos e sumando día a día e semana a semana novos concellos á rede.
A través da campaña informativa que acompaña estes traballos explícase que as operadoras Telefónica, Vodafone e Orange “comezarán a ofrecer en Galicia a partir desta semana servizos sobre a rede 4G na banda 800 MHz, o que permitirá aos aos habitantes da Coruña e Ourense gozar de conexións móbiles de alta velocidade sobre tecnoloxía LTE (4G) cunha mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica”.
Por operadoras e a un nivel máis xenérico, Movistar comeza a activación do 4G en localidades do levante e o sur do país. Máis polo miúdo, faio en 25 antenas repartidas nas provincias de Xirona, Tarragona, Castelló, Valencia, Alacante, Murcia, Almería, Málaga, Huelva e Cádiz.
Orange, pola súa parte, comezou co 4G na devandita banda dos 800 en 25 concellos de Coruña, Asturias, Barcelona, Burgos e Cantabria. A estas áreas xeográficas iranse engadindo moitas máis en datas vindeiras (pasados os primeiros días, informou a operadora).

Vantaxes do proceso

O 4G na banda dos 800 MHz supón importantes melloras de cobertura, especialmente nos interiores dos edificios, que sería aproximadamente o dobre da actual, á vez que tamén ampliaría as frecuencias dispoñibles, ou sexa, incrementando a capacidade da rede de datos móbiles.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?