Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: VíaGalicia dá a coñecer os 40 proxectos seleccionados para a fase academia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

VíaGalicia dá a coñecer os 40 proxectos seleccionados para a fase academia

Redacción
Publicado: 23/10/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

A terceira edición da aceleradora VíaGalicia que promoven a Xunta e máis a Zona Franca de Vigo xa conta con 40 proxectos empresariais seleccionados para pasar á fase de Academia. Esta escolma é o resultado dun proceso de selección sobre a base de 314 iniciativas presentadas. A Zona Franca fixo públicos hoxe os nomes dos 40 proxectos, 20 por sede de Vigo e 20 por Lugo. Por certo que dalgúns xa temos falado en Código Cero, como por exemplo Trendon.me, EverNight, OpositaTest, Phottic ou ConetCam.
A fase formativa que comeza agora (Academia) terá sete semanas de formación e desenvolverase os venres pola tarde e os sábados pola mañá. Prevese que as sesións se inicien na sede de Vigo o vindeiro venres 30 de outubro, e na sede de Lugo o venres 6 de novembro.
O obxectivo desta fase será validar aspectos relacionados coa proposta de valor e o modelo de negocio dos proxectos, “a partir dun enfoque eminentemente práctico baseado na experimentación”. Os responsables de cada iniciativa participarán en mesas redondas con diferentes representantes do noso ecosistema emprendedor, e terán acceso a titores e mentores especializados. Trala etapa de formación, celebrarase unha xornada de demostración (Demo Day) en cada unha das sedes (Vigo e Lugo) que permitirá avaliar cales serán os 15 finalistas que participarán no proceso de aceleración que terá lugar no Centro de Negocios de Porto do Molle.
Os 15 finalistas poderán recibir unha contribución financeira de ata 125.000 euros, dos que 75.000 serán achegados pola Xunta a través da Axencia Galega de Innovación e Xes Galicia e os outros 50.000 polo Consorcio a través da sociedade de capital-risco Vigo Activo. Ademais destas cantidades, que se entregarán baixo as modalidades de subvención a fondo perdido e de préstamos participativos, os finalistas terán servizos personalizados de asesoramento e un espazo gratuíto no co-working do Centro de Negocios de Porto do Molle.
Estes que citamos de seguido son proxectos seleccionados para a academia de Vigo: Bendita Cocina, BioFast, Celtalga Extract, Dika Water Flames, eDomesTIC, EverNight, Foodie, Grupo Tecnológico Arbinova, Gymmer, La Despensa del Campo, Mercado Flotante, Mindtastic.com, Nano Synthesis & Consulting, Quiroo, Resetea, Scenon, Trendon.me, Twibex35, Vashim e Vehículo Motorizado Stilz.
Estes son os de Lugo: Biwid, Castañam, ConetCam, Domesting, Energy Fly, NotSantas, NubINGS, OpositaTest, Peryco.com, Phottic, Qubiotech, Queso Artesano, Sedaqua: Depuración Ecológica, SmartJump, TasteLab, Tilín Tilín, TrikesTK, WeKAb, Wood Feelings e Xénese ETE.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?